Tuesday 30 de April de 2024

Cabalgata Reis Magos 2023 en Bergondo


Mañá, xoves 5 de xaneiro, chegarán a Bergondo os Reis Magos acompañados dos seus paxes, onde percorrerán o municipio na xa tradicional cabalgata.

A ruta por todas as parroquias comezará ás 14.30 horas e prolongarase ata as 18.40 horas, cando se espera que cheguen ao Pavillón de Guísamo para recibir á rapazada con roscón e unha gran chocolatada.

Prégase que non se aparque no percorrido da cabalgata.

Pódese consultar as horas de paso na imaxe e o traxecto en tempo real na seguinte ligazon: https://bit.ly/3vv9GYn